Coñécenos

Información sobre o proxecto


Sobre nós

Kalandraka é unha editorial especializada en literatura infantil e xuvenil que conta cunha traxectoria de máis de 20 anos. O seu obxectivo inicial era publicar obras da mellor calidade estética e literaria en galego para contribuír á normalización lingüística do noso país. Dende este punto de partida, Kalandraka abriu o seu catálogo a outras linguas ata converterse na actualidade nun proxecto plurilingüe que, ademais de en galego, publica en castelán, catalán, éuscaro, portugués, italiano e inglés. En recoñecemento ao seu traballo, no ano 2012 Kalandraka foi galardoada co Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural.

Nesta canle de televisión en liña será posible coñecer os creadores dos libros e saber máis das súas obras e do seu proceso de traballo. Ademais, este espazo permitirá descubrir os lugares onde habitan os libros e servirá tamén como punto de información de novidades editoriais, recomendacións e últimas actividades arredor do libro e da lectura.


Para saber máis sobre o proxecto Kalandraka, visita:

Proxecto Kalandraka