Termos Legais


Aviso legal

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSI CE), informamos os usuarios dos datos da empresa propietaria desta web.

Responsable
Denominación social: Kalandraka Editora SL
Nombre comercial: Kalandraka
Domicilio social: Rúa de Pastor Díaz, 1, 4.º B 36001 Pontevedra (España)
CIF / NIF: B36302024

Responsable de Seguridade
Jose López (jlopez@kalandraka.com)
Contacto
Correo electrónico: jlopez@kalandraka.com
Rexistros
Nome do dominio (sitio web): http://www.kalandraka.com
Rexistro de tratamentos conforme o RGPD: listas de correo, clientes, provedores, axenda e selección de persoal.

OBXECTO
Kalandraka Editora SL (en adiante, Kalandraka), responsable do sitio web, pon á disposición dos usuarios o presente documento, mediante o que pretende cumprir coas obrigas dispostas na Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSI CE), así como informar a todas as persoas usuarias do sitio web respecto das súas condicións de uso.
Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario/a e comprométese á observación e cumprimento rigoroso das disposicións aquí incluídas, así como de calquera outra disposición legal que sexa de aplicación.
Kalandraka resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista a obriga de avisar con antelación ou comunicarlles aos usuarios as ditas obrigas; entenderase que é suficiente a publicación no sitio web.

PROTECCIÓN DE DATOS
Kalandraka encóntrase profundamente comprometida co cumprimento da normativa española de protección de datos de carácter persoal, e garante o cumprimento íntegro das obrigas dispostas, así como a implementación das medidas de seguridade prescritas no art. 9 da Lei 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (LOPD) e no Regulamento de desenvolvemento da LOPD.
Así mesmo, Kalandraka informa da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición mediante un escrito ao enderezo: Rúa de Pastor Díaz, 1, 4.º B 36001 Pontevedra (España).

RESERVA DE COOKIES
Segundo o disposto no artigo 22.2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSI), Kalandraka informa das cookies utilizadas na nosa web: cookies técnicas (propias de sesión e persistentes) e cookies de análise (de terceiros e persistentes).
Kalandraka informa a persoa usuaria de que ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle notifique a recepción de cookies, ademais de impedir que sexan instaladas no seu disco duro se así o desexa.

PROPIEDADE INTELECTUAL, NORMATIVA E FORO
O sitio web (e baixo esta denominación inclúense a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto, gráficos e/ou vídeos) é propiedade de Kalandraka ou, no seu caso, esta dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos seus autores e autoras.
Todos os contidos do sitio web encóntranse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes, e non se permite a reprodución e/ou publicación, total ou parcial, do sitio web nin o seu tratamento informático, a súa distribución, difusión, modificación ou transformación, sen o permiso previo e por escrito.
Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos a Kalandraka e que poidan aparecer no sitio web pertencen aos seus respectivos propietarios; estes son os responsables de calquera posible controversia que puideren suscitar. En todo caso, Kalandraka conta coa autorización expresa e previa por parte das ditas persoas propietarias. Kalandraka recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual, e a súa mera mención ou aparición no sitio web non implica a existencia de dereitos ou responsabilidade ningunha do prestador sobre eles, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte deste.
Queda prohibido o uso do material que apareza neste sitio web para fins persoais ou comerciais. Kalandraka velará polo cumprimento das anteriores condicións, así como pola debida utilización dos contidos presentados nas súas páxinas web, e executará todas as accións civís e penais que lle correspondan no caso de infracción ou incumprimento destes dereitos por parte da persoa usuaria.

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou coas actividades desenvolvidas nel, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, e son competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os xulgados e tribunais de Pontevedra.