Roberto Innocenti

Subtítulos opcionais: galego, castelán, català
Roberto Innocenti, mestre da ilustración contemporánea e de formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria artística nun estudio de animación e traballou tamén na diagramación de libros e no deseño de carteis. A súas obras publicáronse en todo o mundo, e recibiu numerosas distincións, como o Premio Hans Christian Andersen 2008, a Mazá de Ouro na Bienal de Bratislava e a Medalla de Prata da Sociedade de Ilustradores de Nova York.

Ábrenos as portas do seu taller e da súa casa, conversamos con el sobre os seus primeiros anos, as súas influencias e o método que segue á hora de ilustrar. Fainos un percorrido polas súas obras máis coñecidas, explícanos o seu proceso de creación e fálanos da importancia da formación lectora a través das ilustracións.

Enlaces de interese:
Ficha de Roberto Innocenti
Web oficial de Roberto Innocenti