Vídeos musicais

Vídeos musicais

«Arrolo de Domaio» - Non hai berce coma o colo

Non hai berce coma o colo é un libro-disco con produción e dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, ilustrado por Mariona Cabassa e publicado por Kalandraka.
«Arrolo de Domaio» é un dos 15 arrolos incluídos nesta obra, que recolle cantos de berce tradicionais do patrimonio oral e musical galego.

Voz: Sonia Lebedynski e Mini Rivas
Viola caipira, mandolina, arpa: Pancho Álvarez
Contrabaixo: Segundo Grandío
Zanfona, percusión corporal, pequena percusión: Paulo Nogueira
Gravación: Casa de Tolos (Gondomar)
Técnico de son: Segundo Grandío

Enlaces de interese:
Non hai berce coma o colo no catálogo de «Libros para soñar»

«Unha vella tiña un can» - Pan de millo - Migallas Teatro

Subtítulos opcionais: galego
«Unha vella tiña un can» é unha das cancións que forman parte de Pan de millo, un libro-disco publicado por Kalandraka, con ilustracións de Dani Padrón. Neste traballo dirixido a un público familiar, Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais.

Enlaces de interese:
Web oficial de Migallas Teatro
Pan de millo no catálogo de «Libros para soñar»