Vídeos musicais

Vídeos musicais

«O espantallo divertido» - Pan de Millo - Migallas Teatro

Subtítulos opcionais: galego
«O espantallo divertido» é unha das cancións que forman parte de Pan de millo, un libro-disco publicado por Kalandraka, con ilustracións de Dani Padrón. Neste traballo dirixido a un público familiar, Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais.

Enlaces de interese:
Web oficial de Migallas Teatro
Pan de millo no catálogo de «Libros para soñar» 

«Perico Pérez» - Canta connosco! - Migallas Teatro

Canta connosco! é o novo libro-disco de Migallas Teatro, despois de Pan de millo. Recupera as cancións do disco homónimo gravado por Carlos Yus e María Campos en 1996, e incorpora unhas fermosas ilustracións de Óscar Villán e mais os divertidos videoclips de José Miguel Sagüillo.

Música, letra e voces: María Campos e Carlos Yus
Arranxos: Paco Dicenta 
Músic@s participantes no disco: Paco Dicenta, Xosé Manuel Budiño, Francisco Bouza, Guillermo Fernández, Suso Elías Quiroga
Coros: Lucía Cota, Eva María Troitiño

Enlaces de interese:
Web oficial de Migallas Teatro
Canta connosco! no catálogo de «Libros para soñar»