Vídeos musicais

Vídeos musicais

Radio Bulebule - Paco Nogueiras

Radio Bulebule é o novo traballo de Paco Nogueiras logo de Brinca vai! (III Premio Martín Códax da Música - Infantil). O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-cd-dvd, no que volven participar o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo os videoclips que, como novidade, forman unha curtametraxe.

Os temas dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza…-, música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica.

Texto e música: Paco Nogueiras
Ilustracións: David Pintor
Videoclips: José Miguel Sagüillo
Limiar: Xurxo Souto
Epílogo: Ponte... nas Ondas!

Enlaces de interese:
Radio Bulebule no catálogo de «Libros para soñar»

«Meu o mundo é!» - Brinca vai! - Paco Nogueiras

«Meu o mundo é!» é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd Brinca vai!, composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por Kalandraka pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Trata temas como: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.

Texto e música: Paco Nogueiras
Ilustracións: David Pintor
Videoclips: José Miguel Sagüillo
Gravación: Casa de Tolos (Gondomar)

Enlaces de interese:
Brinca vai! no catálogo de «Libros para soñar»