Vídeos musicais

Vídeos musicais

Pan de Millo - Migallas Teatro

Videoclip realizado cos nenos e nenas da EEI de Verducido, Pontevedra, a partir da canción «Pan de millo».

Pan de millo é un libro-disco publicado por Kalandraka, con ilustracións de Dani Padrón. Neste traballo dirixido a un público familiar, Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais.

Enlaces de interese:
Web oficial de Migallas Teatro
Pan de millo no catálogo de «Libros para soñar» 

«Arrolo de Cuñas» - Non hai berce coma o colo

Non hai berce coma o colo é un libro-disco con produción e dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, ilustrado por Mariona Cabassa e publicado por Kalandraka.
 
«Arrolo de Cuñas» é un dos 15 arrolos incluídos nesta obra, que recolle cantos de berce tradicionais do patrimonio oral e musical galego.

Voz: Sonia Lebedynski
Piano e acordeón diatónico: César Longa
Contrabaixo: Segundo Grandío
Gravación: Casa de Tolos (Gondomar)
Técnico de son: Segundo Grandío


Enlaces de interese:
Non hai berce coma o colo no catálogo de «Libros para soñar»