Atelier

Visita os talleres dos ilustradores

Kiko da Silva

Kiko da Silva leva case 25 anos traballando como ilustrador e historietista profesional. Dende O Garaxe Hermético, a escola onde forma a futuros autores e autoras de banda deseñada, fai un repaso á súa traxectoria artística: a través das ilustracións orixinais dalgúns dos seus libros -dende “Cando Martiño ganas de mexar na noite de Reis” hai xa dúas décadas ata proxectos actuais- é posible apreciar a súa evolución artística e amosar que a lectura non ten límites.


Enlaces de interese:
Ficha de Kiko da Silva

Web de O Garaxe Hermético

Pablo Otero

Subtítulos opcionais: castelán

O artista visual e ilustrador ourensán Pablo Otero é coñecido por concibir o proceso creativo das súas obras como algo único e por empregar unha gran diversidade de técnicas. Na visita a unha das súas exposicións, revélanos a súa atracción polo mundo dos obxectos e o seu interese polos ideogramas. Ademais, mostra algúns dos seus traballos e presenta o seu novo libro: Parece unha formiga.

Enlaces de interese:

Ficha de Pablo Otero

Instagram de Pablo Otero

Parece unha formiga no catálogo de Kalandraka