Atelier

Visita os talleres dos ilustradores

Xosé Cobas

Subtítulos opcionais: castelán
Xosé Cobas, pintor, deseñador gráfico e ilustrador, deu cor a case douscentos libros e recibiu numerosas distincións polos seus traballos, ademais de ser incluído dúas veces na lista The White Ravens. Con el, descubrimos as súas orixes na pintura e o seu paso á ilustración, o seus métodos á hora de ilustrar e os elementos que sempre procura introducir nas súas obras. Fainos unha visita guiada no seu taller e revélanos as súas outras ocupacións e afeccións, alén da pintura.

Enlaces de interese:
Ficha de Xosé Cobas
Web oficial de Xosé Cobas


Marc Taeger

Marc Taeger, nado en Suíza, é un ilustrador, pintor, deseñador e escultor que estudou deseño gráfico e ilustración en Trier (Alemaña) e Barcelona e actualmente reside en Galicia. A súa obra expúxose por todo o mundo e foi galardoado co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005 polo traballo de ilustración en  A verdadeira historia de Carapuchiña. Facémoslle unha visita na que nos revela as súas influencias artísticas e nos informa das colaboracións que realizou, ademais de falarnos dos seus inicios no mundo da ilustración. Alén diso, explícanos o proceso de creación das súas obras e móstranos as diferentes técnicas que emprega.

Enlaces de interese:
Ficha de Marc Taeger
Web oficial de Marc Taeger