Librarías

As librarías máis destacadas

Libraría Seijas

Subtítulos opcionais: castelán
A libraría Seijas, situada no centro de Pontevedra, é un referente en materia de álbum ilustrado. A familia de libreiros que a rexenta especializouse en libro infantil e xuvenil e destaca o seu labor de asistencia ao profesorado e de fomento da lectura a través de recomendacións personalizadas a cada cliente.

Enlaces de interese:
Páxina da libraría Seijas en Facebook 


Libraría La Fabulosa

Con Ana Garralón como anfitrioa, visitamos La Fabulosa, unha «libraría de editores» que conta cun amplo fondo de libro latinoamericano e que dispón dun espazo onde cada editorial pode expor o seu catálogo completo. Neste acolledor lugar tamén se realizan actividades relacionadas co libro e coa lectura, como contos por teléfono, obradoiros para mediadores e degustacións literarias.

Enlaces de interese:
Páxina web da libraría La Fabulosa