Actualidade

Novas destacadas

Feira de Frankfurt

A Feira Internacional do Libro de Frankfurt é a cita máis importante do sector editorial. Nesta 70ª edición, o stand de KALANDRAKA ambientouse coa figura de “Cándido”, XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Durante cinco intensos días visitáronnos autores e ilustradores, editores e axentes literarios de varios países interesados no catálogo dos Libros para soñar, que seguen cruzando horizontes.

Presentación de KALANDRAKA TV

Subtítulos opcionais: castelán
A presentación de KALANDRAKA TV no Espazo Nemonon de Pontevedra reuniu a numeroso público do ámbito docente, profesionais do sector do libro, autores e representación institucional para coñecer os contidos cos que nace esta canle de televisión dixital; tamén os medios de comunicación lle deron cobertura a unha convocatoria especial. Este vídeo inaugura a sección de Actualidade con imaxes do encontro coa prensa e do acto público posterior.


Enlaces de interese:
http://www.kalandraka.com/blog/2018/09/27/nace-kalandraka-tv/