Booktrailers

Libro avances

¡A la luna, a las dos y a las tres...!

Versos lunáticos, nocturnos e soñadores que nacen de cancións, xogos e adiviñas da tradición oral... recreados en clave lúdica. Unha fermosa obra con texto de Nieves García García e ilustracións de Noemí Villamuza, que foi galardoada co XI Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos e Nenas.

Enlaces de interese:
¡A la luna, a las dos y a las tres…! no catálogo de Kalandraka
Ficha de Nieves García García

Ficha de Noemí Villamuza

Colección Adela Turin - Booktrailer

Artur e Clementina, Rosa CarameloA historia dos bonobos con lentes e Unha feliz catástrofe son títulos da colección «Dalla parte delle bambine», escrita por Adela Turin e ilustrada por Nella Bosnia, que foi recuperada por KALANDRAKA para pór en valor o rol feminino na sociedade, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, cambiar mentalidades e construírmos un mundo mellor.

Enlaces de interese:
Ficha de Adela Turin
Ficha de Nella Bosnia 
Rosa Caramelo no catálogo de «Libros para soñar»
Artur e Clementina no catálogo de «Libros para soñar»
A historia dos bonobos con lentes no catálogo de «Libros para soñar»
Unha feliz catástrofe no catálogo de «Libros para soñar»