Sen fronteiras

Internacional

IBBY México

IBBY México / A Leer é unha entidad social que se dedica á promoción do libro e da lectura a todos os niveis da sociedade mexicana. Iniciativas como “Avós Lectores”, o programa “Inclusión”, as colaboracións con institucións oficiais e corporacións, entre outras accións, contribúen a que IBBY leve 40 anos formando comunidades que conversan, imaxinan e crean arredor da súa valiosa Biblioteca BS.

“Migrar”, de Ediciones Tecolote (México)

Con máis de 20 anos de traxectoria, Ediciones Tecolote logrou o Premio ‘Novos Horizontes’ 2012 da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña con “Migrar”, un libro-obxecto sobre as penurias que padecen as nenas e os nenos migrantes e as súas familias na perigosa viaxe que emprenden procurando un futuro mellor. Canal Noticias 22, de México, entrevistou en 2014 a editora Cristina Urrutia e o escritor José Manuel Mateo, dou dos artífices desta obra sensible e necesaria sobre un drama humano que segue trascendendo fronteiras.