Contos contados

Contos contados

Contos contados - «Arrolo de Domaio» - Non hai berce coma o colo

«Arrolo de Domaio» é un dos 15 arrolos incluídos en Non hai berce coma o colo, un libro-disco con produción e dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, ilustrado por Mariona Cabassa.

Esta obra, que recolle cantos de berce tradicionais do patrimonio oral e musical galego, é perfecta para que os máis pequenos da casa poidan gozar da música en familia.

Enlaces de interese:
Non hai berce coma o colo no catálogo de Kalandraka

Bea Campos e Camen Elvira - Que fai falta?

No ano do centenario de Gianni Rodari, compartimos a lectura da súa obra Que fai falta?, un álbum con ilustracións de Silvia Bonanni a través do que é posible descubrir a orixe máis profunda e fermosa dun obxecto tan cotián como unha mesa.

Bea Campos conta e canta este clásico contemporáneo en galego, mentres que Carmen Elvira nos ofrece a súa versión en euskera.

Enlaces de interese:

Que fai falta? no catálogo de Kalandraka