Contos contados

Contos contados

Sara Lebedynski - Un becho estraño

Sara Lebedynski relata, co acompañamento musical de Álex Fente, a obra rimada Un becho estraño, escrita por Mon Daporta e ilustrada por Óscar Villán.

«Mira que mira mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco...». Que será o becho que se agocha entre as páxinas deste conto sen fin? 

Enlaces de interese:

Un becho estraño no catálogo de Kalandraka

Bea Campos - A que sabe a lúa?

Bea Campos relata A que sabe a lúa?, unha obra con texto e ilustracións de Michael Grejniec, perfecta para que os primeiros lectores descubran o valor do traballo en equipo e a solidariedade.

Había xa moito tempo que os animais se preguntaban como sabería a lúa. Para descubrilo, a tartaruga propuxo que se subisen uns enriba dos outros, mais nin coa axuda dos animais máis grandes conseguían alcanzala. Todo quedará en mans dun pequeno ratiño, quen será o último en intentalo...

Enlaces de interese:

A que sabe a lúa? no catálogo de Kalandraka