Contos contados

Contos contados

Sandra Senra - As tres princesas pálidas

A libreira Sandra Senra conta As tres princesas pálidas, unha fermosa obra escrita por María José Martín e ilustrada por Carole Hénaff.

O vello rei dun reino moi afastado decide que xa é hora de elixir unha sucesora entre as súas tres fillas de rostro claro e transparente. Como el as quere a todas por igual, ordena que debe ser o pobo quen escolla á súa favorita. Cal das tres princesas se converterá na nova raíña?

Enlaces de interese:

As tres princesas pálidas no catálogo de Kalandraka

Tamara Campos - Polo Camiño

A educadora infantil Tamara Campos recita Polo camiño, unha obra destinada a pre-lectores e primeiros lectores con texto e ilustracións de Mariana Ruiz Johnson.

Este poema-canción, perfecto para ler antes de durmir, está protagonizado por unha serie de divertidos animais que van marchando do 1 ao 10. Cara a onde se dirixirán?

Enlaces de interese:

Polo camiño no catálogo de Kalandraka