Contos contados

Contos contados

Bea Campos - Animais

Bea Campos comparte a lectura de Animais, un conto de Antonio Rubio con ilustracións de Óscar Villán que forma parte da colección Do berce á lúa.

O caracol, o elefante, a tartaruga e todos os simpáticos animais que protagonizan esta obra de pictogramas poéticos convídannos a gozar da rima e da melodía.

Enlaces de interese:
Animais no catálogo de Kalandraka

Bea Campos - O poliño da abeleira

Bea Campos nárranos O poliño da abeleira, unha adaptación do conto popular de Antonio Rubio ilustrada por Gabriel Pacheco.

Un día, un poliño que estaba debaixo dunha abeleira tragou unha abelá a pesar das advertencias da súa nai, quen terá que ir correndo na procura de axuda para salvalo...

Enlaces de interese:

O poliño da abeleira no catálogo de Kalandraka