Libros para soñar

Lecturas destacadas

O Nadal de Ernesto e Celestina

Nestas datas tan especiais recomendamos O Nadal de Ernesto e Celestina, unha obra de Gabrielle Vincent, autora da serie na que tamén podemos ler Ernesto e Celestina, músicos da rúa e Ernesto e Celestina perderon a Simeón. Nesta entrañable historia, a ratiña quere celebrar unha festa de Nadal, mais o oso non está moi de acordo coa idea porque non teñen cartos. Poderá finalmente Celestina convencer o seu amigo?

Enlaces de interese:
O Nadal de Ernesto e Celestina no catálogo de «Libros para soñar»
Web da Fundación Monique Martin


Cándido e os demais

A lectura destacada neste programa é Cándido e os demais, a obra gañadora do XI Premio Internacional Compostela. Esta historia circular, escrita por Fran Pintadera e ilustrada por Christian Inaraja, trata sobre a diversidade a través das vivencias dun personaxe distinto... ou non tanto!

Enlaces de interese:
Cándido e os demais no catálogo de «Libros para soñar»
Web de Fran Pintadera
Web de Christian Inaraja