Crónica

Reportaxes monográficas

XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura

Subtítulos opcionais: castelán
A Campaña Municipal de Animación á Lectura, realizada por Kalandraka para o Concello de Santiago, é unha iniciativa que procura achegar a lectura ás nenas e nenos desta cidade a través de diferentes actividades. Coñecemos neste vídeo a súa XVIII edición, que, ademais da exposición de ilustración que se articula cada ano arredor do Premio Compostela, inclúe outras actividades como sesións de contacontos, encontros con ilustradores e obradoiros de escrita. Alén diso, falamos con autores, ilustradores e varias figuras públicas da cidade sobre a importancia desta campaña, e finalmente coñecemos máis do Premio Compostela e da gañadora da décima edición, a ilustradora arxentina Rocío Alejandro, polo álbum ilustrado A horta de Simón.

Enlaces de interese:
A horta de Simón no catálogo de «Libros para soñar»
Ficha de Rocío Alejandro

Kalandraka, 20 anos de «Libros para soñar»

Subtítulos opcionais: castelán
O coelliño branco é unha adaptación feita por Xosé Ballesteros a partir dun conto tradicional portugués, ilustrado por Óscar Villán, obra coa que gañou o 1º Premio Nacional de Ilustración 1999. Xunto coa experiencia dos autores, explícase o proceso de edición, produción e distribución do libro. Esta viaxe vai ata as bibliotecas e as librarías, e de aí, ás mans das lectoras e lectores.

Enlaces de interese:
O coelliño branco no catálogo de «Libros para soñar»
Web oficial de Óscar Villán