Crónica

Reportaxes monográficas

Man de Camelle

Subtítulos opcionais: castelán
Carmen Hermo é pintora e responsable do proxecto de recuperación da obra de Manfred Gnädinger. O seu libro, Man de Camelle, convida a coñecer a vida deste artista alemán que se asentou nos anos 60 nesta zona da Costa da Morte e que desenvolveu a súa obra en total comuñón coa natureza até a súa morte en 2002, despois de que a marea negra do Prestige asolagara o seu particular museo. 

Enlaces de interese:
Web oficial do proxecto MAN de Camelle
Web de Carmen Hermo
Man de Camelle no catálogo de Kalandraka


XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura

Subtítulos opcionais: castelán
A Campaña Municipal de Animación á Lectura, realizada por Kalandraka para o Concello de Santiago, é unha iniciativa que procura achegar a lectura ás nenas e nenos desta cidade a través de diferentes actividades. Coñecemos neste vídeo a súa XVIII edición, que, ademais da exposición de ilustración que se articula cada ano arredor do Premio Compostela, inclúe outras actividades como sesións de contacontos, encontros con ilustradores e obradoiros de escrita. Alén diso, falamos con autores, ilustradores e varias figuras públicas da cidade sobre a importancia desta campaña, e finalmente coñecemos máis do Premio Compostela e da gañadora da décima edición, a ilustradora arxentina Rocío Alejandro, polo álbum ilustrado A horta de Simón.

Enlaces de interese:
A horta de Simón no catálogo de «Libros para soñar»
Ficha de Rocío Alejandro