Crónica

Reportaxes monográficas

Siete historias para la Infanta Margarita

Miguel Fernández-Pacheco é autor de Siete historias para la infanta Margarita, un texto inspirado na famosa pintura Las Meninas, de Velázquez. O lenzo non se dá rematado porque a princesa abúrrese posando, por iso o rei pídelles aos serventes que a entreteñan contándolle contos. Chega a recuperación deste libro coincidindo coa celebración do bicentenario do Museo do Prado, en homenaxe a unha das súas xoias pictóricas, que aínda hoxe oculta moitos misterios.

Enlaces de interese:
Siete historias para la Infanta Margarita no catálogo de Kalandraka
Web de Miguel Fernández-Pacheco
Las Meninas na web do Museo do Prado
Un cadro de Velázquez no catálogo de Kalandraka

Man de Camelle

Subtítulos opcionais: castelán
Carmen Hermo é pintora e responsable do proxecto de recuperación da obra de Manfred Gnädinger. O seu libro, Man de Camelle, convida a coñecer a vida deste artista alemán que se asentou nos anos 60 nesta zona da Costa da Morte e que desenvolveu a súa obra en total comuñón coa natureza até a súa morte en 2002, despois de que a marea negra do Prestige asolagara o seu particular museo. 

Enlaces de interese:
Web oficial do proxecto MAN de Camelle
Web de Carmen Hermo
Man de Camelle no catálogo de Kalandraka